O último refuxio

Onde o río protexe a vida

Entre dous brazos de río, un pequeno enclave conserva un bosque de ribeira de gran valor ecolóxico e un patrimonio ligado á auga. A expansión da flora exótica invasora e outras presións ameazan o equilibrio deste espazo. O último refuxio busca reducir progresivamente estas ameazas e acompañar a recuperación natural do ecosistema mediante intervencións selectivas e un seguimento a longo prazo.

⚠ O problema

Presións que ameazan o enclave

A expansión de especies exóticas invasoras ameaza a vexetación autóctona deste pequeno enclave fluvial. A isto súmase a acumulación de residuos arrastrados polo río. O proxecto busca reducir progresivamente estas presións mediante intervencións selectivas, favorecendo que o bosque de ribeira recupere o seu equilibrio natural.

⌖ O lugar

Un bosque de ribeira que acolle unha illa fluvial

Este pequeno enclave conserva un bosque de ribeira de gran valor ecolóxico. No seu interior, o río divídese en dous brazos que delimitan unha pequena illa fluvial. A riqueza da súa vexetación e a presenza de dous muíños tradicionais conforman unha paisaxe onde natureza e patrimonio conviven estreitamente.

⚙ A actuación

Unha intervención progresiva para recuperar o bosque

O proxecto contempla o control selectivo e progresivo das especies exóticas invasoras, o seguimento dos posibles rebrotes e a retirada de residuos acumulados no enclave. O obxectivo é reducir as presións sobre o bosque de ribeira e favorecer a recuperación da vexetación autóctona, mediante intervencións de baixo impacto que respecten os valores naturais e patrimoniais do lugar.

🦋 Biodiversidade

A riqueza natural dun pequeno enclave fluvial

Especies, hábitats e procesos ecolóxicos asociados ao proxecto. Unha porta de entrada ao coñecemento da natureza que habita este territorio.

Flora singular

Especies de especial interese botánico.

Vexetación de ribeira

As comunidades vexetais autóctonas do bosque.

Flora invasora

Especies exóticas que ameazan a vexetación autóctona.

Vertebrados

Aves, mamíferos, anfibios e outros vertebrados documentados.

Invertebrados

A diversidade de pequenos animais do enclave.

▥ Seguimento

Observar para comprender os cambios

Documentar o estado inicial e realizar un seguimento das especies invasoras, da vexetación autóctona e da flora de especial interese permitirá avaliar os cambios que se produzan no bosque de ribeira ao longo do tempo e a súa resposta ás actuacións.

Puntos fotográficos

Comparación ao longo do tempo

Invasoras e rebrotes

Presenza e evolución

Vexetación autóctona

Cobertura e rexeneración

Flora singular

Presenza e estado de conservación

◷ Evolución

Un proxecto vivo

Nesta cronoloxía recolleremos os principais fitos de O último refuxio: o estado inicial, as intervencións realizadas e os cambios documentados no bosque de ribeira. Iremos incorporando novas observacións a medida que avance o proxecto.

Xuño 2026
Estado inicial

default

Agosto 2026
Inicio da actuación

▧ Galería

O proxecto en imaxes

A galería reunirá fotografías do bosque de ribeira, da biodiversidade e das actuacións documentadas no enclave. Incorporaremos novas imaxes a medida que avance o proxecto.

⚠ O problema

Flora invasora e outras presións sobre o bosque

A expansión das plantas exóticas invasoras constitúe unha das principais ameazas para este pequeno enclave fluvial. Estas especies poden competir coa vexetación autóctona polo espazo e os recursos, dificultar a súa rexeneración natural e modificar progresivamente a composición do bosque de ribeira. A súa capacidade de propagación, xunto coa chegada de novos exemplares desde áreas próximas ou augas arriba, fai que esta presión poida manterse e intensificarse co paso do tempo.

Á expansión das especies invasoras súmase a acumulación de residuos arrastrados polo río, que quedan depositados no enclave e contribúen á súa degradación. A presenza de dous muíños tradicionais introduce tamén unha preocupación patrimonial: determinadas árbores situadas nas súas proximidades poden representar un risco para a conservación destas construcións. Son presións de distinta natureza que coinciden nun espazo reducido, onde os valores ecolóxicos e patrimoniais están estreitamente relacionados.

⌖ O lugar

Un pequeno refuxio de biodiversidade e patrimonio

Un bosque de ribeira que acolle unha illa fluvial

O enclave sitúase no tramo medio dun río, nunha contorna illada e de relevo abrupto, con fortes pendentes e cantís en determinados sectores. Na zona de actuación, o río divídese en dous brazos que delimitan unha illa fluvial de aproximadamente unha hectárea. Ao longo deste treito sucédense fervenzas e zonas de corrente rápida, intercaladas con remansos profundos e pequenas pozas de augas máis tranquilas. Esta alternancia crea unha notable diversidade de ambientes fluviais nun espazo relativamente reducido.

A vexetación presenta un marcado contraste entre as dúas ladeiras do val: nunha delas predomina o bosque autóctono, mentres que na outra as especies exóticas invasoras ocupan unha parte importante do territorio. Na illa fluvial, a vexetación propia do bosque de ribeira mestúrase cunha presenza considerable de plantas invasoras. O enclave conserva tamén dous muíños tradicionais, testemuñas do aproveitamento histórico da auga e parte do patrimonio cultural deste espazo.

Turbeiras

Ecosistemas húmidos cunha dinámica propia.

Regatos

Auga corrente e conexión entre hábitats.

Lagoas temporais

Auga estacional e ciclos naturais de inundación e seca.

Nova lagoa

Un hidroperíodo máis prolongado.

⚙ A actuación

Controlar as invasoras e favorecer a recuperación do bosque

01

Pelado das árbores invasoras

Un control selectivo e progresivo

O control das árbores exóticas invasoras realizarase principalmente mediante pelado ou anelado, unha técnica que consiste en retirar unha franxa continua de cortiza arredor do tronco para interromper o transporte de savia elaborada e provocar o debilitamento progresivo da árbore. As intervencións serán selectivas e adaptaranse ás características de cada exemplar, prestando especial atención á seguridade nas proximidades dos muíños tradicionais, onde será necesario avaliar os riscos asociados á caída das árbores tratadas.

O tratamento paso a paso

O tratamento combina o pelado selectivo das árbores invasoras, o seu debilitamento progresivo e a revisión posterior dos posibles rebrotes.

Pelado selectivo
Debilitamento progresivo.
Control dos rebrotes

Retirada dunha franxa continua de cortiza arredor do tronco.

O pelado interrompe o transporte de savia elaborada e provoca o decaemento gradual da árbore.

Revisión das árbores tratadas e eliminación dos posibles rebrotes.

02

Arranque manual de crocosmias

Retirar as plantas e reducir os rebrotes.

O control da Crocosmia × crocosmiiflora realizarase mediante arranque manual, retirando tanto a parte aérea da planta como os cormos e outras estruturas subterráneas que permiten a súa propagación. Os traballos faranse de maneira selectiva, procurando alterar o mínimo posible o solo e a vexetación autóctona. Posteriormente, revisaranse as zonas tratadas para detectar e retirar posibles rebrotes.

O material extraído deberá recollerse e xestionarse con coidado, evitando que os cormos queden no terreo ou sexan arrastrados polo río. Esta precaución é fundamental para impedir que os propios traballos favorezan a propagación da especie.

03

Control dos rebrotes e rexeneración do bosque

Revisións periódicas e intervencións selectivas.

Tras as primeiras intervencións, realizaranse revisións periódicas das zonas tratadas para detectar rebrotes e novos focos de especies invasoras. Cando sexa necesario, aplicaranse novos tratamentos selectivos para evitar a súa expansión e reducir a presión sobre a vexetación autóctona, favorecendo así a rexeneración natural do bosque de ribeira.

A recuperación do bosque favorecerase mediante a rexeneración natural, conservando a vexetación autóctona existente e protexendo os novos exemplares. A redución das especies invasoras permitirá que a vexetación propia do enclave recupere progresivamente o seu espazo.

Estado inicial

Situación antes das intervencións.

Intervencións

Control selectivo das invasoras.

Seguimento

Rebrotes e rexeneración natural.

Biodiversidade

A vida entre o bosque e o río

Neste apartado reunimos información sobre a flora singular, a vexetación autóctona, os vertebrados e invertebrados e as especies exóticas invasoras presentes no enclave. A documentación ampliarase a medida que avance o coñecemento do territorio.

Flora singular

Especies de especial interese botánico.

Vexetación de ribeira

O bosque autóctono asociado ao río.

Flora invasora

Especies exóticas que ameazan a vexetación autóctona.

Vertebrados

Aves, mamíferos, anfibios e outros vertebrados do enclave.

Invertebrados

A diversidade de invertebrados do bosque e do río.

▥ Seguimento

Avaliar a resposta do bosque ás actuacións

Aprender do que sucede despois da interveción.

O seguimento permitirá comprobar a eficacia das intervencións, detectar posibles rebrotes das especies invasoras e documentar a rexeneración da vexetación autóctona. As observacións e os rexistros fotográficos axudarán a avaliar a evolución do bosque de ribeira ao longo do tempo.

O punto de partida

Coñecer o estado inicial para poder medir os cambios.

A primeira visita e o diagnóstico inicial, realizados en xuño de 2026, permitiron identificar as principais presións sobre o enclave e coñecer o seu estado antes do inicio dos traballos en agosto. Esta información servirá como referencia para avaliar a evolución do bosque e a eficacia das actuacións.


6 ha

Ámbito de seguimento

4 ha

Superficie de actuación prevista

5

Puntos fotográficos (4 terrestres e 1 aéreo)

27

Especies rexistradas

(inventario inicial)


Que estamos seguindo

Indicadores clave para avaliar a resposta do ecosistema.

Invasoras e rebrotes

Evolución da presenza de especies invasoras e aparición de rebrotes nas zonas tratadas.

COMO SE MIDE
  • Rexistro da presenza de especies invasoras.
  • Revisión das árbores tratadas e dos posibles rebrotes.
  • Fotografías comparativas das zonas de actuación.

Vexetación autóctona

Rexeneración natural e evolución da cobertura vexetal.

COMO SE MIDE
  • Observación da rexeneración natural nas zonas tratadas.
  • Rexistro das especies autóctonas presentes.
  • Fotografías comparativas da cobertura vexetal.

Flora singular

Presenza e estado de conservación das especies de especial interese botánico.

COMO SE MIDE
  • Rexistro da presenza de especies de especial interese botánico.
  • Observación do seu estado e das condicións do hábitat.
  • Fotografías de seguimento para comparar a súa evolución.

Estado do enclave fluvial

Presenza de residuos e evolución das marxes e dos hábitats fluviais.

COMO SE MIDE
  • Observación da presenza e acumulación de residuos.
  • Revisión do estado das marxes e da vexetación de ribeira.
  • Fotografías comparativas dos cambios no enclave fluvial.

Como o documentamos

Unha combinación de métodos para obter unha visión completa.

Fotografía fixa

Catro puntos terrestres fixos para documentar os cambios ao longo do tempo.

Dron

Fotografías aéreas desde un punto fixo para comparar a evolución do enclave.

Observación de campo

Observación directa das especies invasoras, da vexetación autóctona e do estado do enclave.

Rexistro

Organización das observacións, inventarios e fotografías para avaliar a evolución do enclave.


◷ Evolución

Auga de Volta irá cambiando co tempo. Neste espazo iremos documentando os principais momentos do proxecto, as actuacións realizadas e os cambios que se vaian observando no territorio.

Un proxecto vivo

AGOSTO 2026

Estado inicial

Documentamos a situación de partida antes da intervención. Estas imaxes mostran o estado da lagoa e do territorio no momento previo ao inicio dos traballos.

Previous slide
Next slide

SETEMBRO 2026

Inicio da actuación

Nesta etapa comezan os traballos de recuperación da antiga canle de auga e de creación dunha pequena charca, xunto coa retirada selectiva do fento para abrir unha zona de vexetación baixa. Unha intervención localizada e de baixo impacto, pensada para favorecer a retención de auga e aumentar a diversidade de hábitats.

Previous slide
Next slide

NOVEMBRO 2026

Primeiros cambios

Tras as primeiras intervencións, xa se observan cambios no territorio. Comeza a acumularse auga nalgunhas zonas da lagoa e rexístrase unha maior actividade de fauna.

Previous slide
Next slide

▧ Galería

Un enclave excepcional, unha restauración a longo prazo

Nun enclave fluvial de arredor de catro hectáreas sobrevive unha comunidade vexetal de especial valor. Entre ela atópase o único sistema fluvial de Galicia no que se coñece actualmente a presenza de Narcissus × ernii. O proxecto busca reducir progresivamente as presións que ameazan este lugar e acompañar a súa recuperación ao longo dos anos.

Por que este lugar?

O río divídese neste punto en dous brazos e forma unha pequena illa fluvial. Neste espazo conviven vexetación de ribeira, estruturas tradicionais e unha comunidade botánica de especial interese, pero tamén diferentes presións que condicionan a súa evolución.

Entre os seus valores destaca a presenza de Narcissus × ernii, un híbrido de distribución moi localizada. Este sistema fluvial é o único de Galicia no que se coñece actualmente a súa presenza, con exemplares documentados en diferentes tramos do río.

Que está acontecendo?

A vexetación do enclave está sometida á presión de varias especies exóticas invasoras. Entre elas atópanse Acacia dealbata, Acacia melanoxylon, Robinia pseudoacacia, Eucalyptus globulus e Crocosmia × crocosmiiflora, presentes con diferente intensidade en distintos puntos da zona.

A súa expansión modifica progresivamente a estrutura da vexetación e compite coas comunidades autóctonas. Ao mesmo tempo, o río deposita residuos arrastrados durante as enchentes e algunhas árbores invasoras medran xunto a dous antigos muíños presentes na zona, onde a intervención debe ter en conta tanto a recuperación ecolóxica como a conservación das estruturas tradicionais.

Como imos actuar?

Reducir a presión

Controlar progresivamente as especies exóticas invasoras, reducindo a súa presenza sen provocar unha transformación brusca do hábitat.

Intervir con criterio

Adaptar cada actuación á especie, ao exemplar e ao lugar, escollendo o método que permita intervir co menor impacto posible.

Acompañar a recuperación

Observar os rebrotes, a recolonización pola vexetación autóctona e a evolución do enclave para adaptar as actuacións ao longo do tempo.

Actuacións previstas

Control da flora exótica invasora

O control realizarase de maneira progresiva, adaptando o método ás características de cada especie e á situación de cada exemplar. Nas especies arbóreas —Acacia dealbata, Acacia melanoxylon, Robinia pseudoacacia e Eucalyptus globulus— prevese empregar principalmente o anelado ou descortizado, favorecendo o seu decaemento progresivo sen producir unha transformación brusca da estrutura do hábitat.

No caso de Crocosmia × crocosmiiflora, a retirada será manual, procurando extraer tamén as estruturas subterráneas das que pode rebrotar. As zonas tratadas serán revisadas posteriormente para detectar novos brotes e avaliar a necesidade de repetir as actuacións.

Residuos e dinámica fluvial

O río transporta e deposita periodicamente residuos de orixe humana no enclave, especialmente durante os episodios de maior caudal. Estes materiais serán retirados de forma selectiva, evitando alterar os elementos naturais —como madeira morta, sedimentos ou restos vexetais— que forman parte da propia dinámica fluvial e desempeñan unha función ecolóxica.

Os muíños

Dous antigos muíños forman parte do enclave e algunhas das árbores invasoras medran nas súas proximidades, ou incluso dentro. Os exemplares que, tras o tratamento, poidan supoñer un risco para os muros serán retirados de maneira controlada, compatibilizando a recuperación ecolóxica coa conservación destas estruturas tradicionais.

Un proxecto a longo prazo

A intervención non remata coa execución das actuacións previstas. O obxectivo é acompañar a evolución do enclave durante os próximos anos para coñecer a resposta do ecosistema e adaptar as decisións ao que realmente aconteza sobre o terreo.

Para iso documentarase o estado inicial, as actuacións realizadas e a evolución posterior mediante cartografía, fotografías e diferentes indicadores ecolóxicos. O seguimento permitirá observar os posibles rebrotes das especies invasoras, a recolonización pola vexetación autóctona e os cambios que se produzan no enclave ao longo do tempo.

Unha intervención dentro dun problema maior

O enclave forma parte dun sistema fluvial máis amplo, polo que o control das especies invasoras non pode entenderse unicamente á escala deste enclave. A chegada de sementes e outros propágulos desde zonas situadas augas arriba pode favorecer novas colonizacións e obrigar a manter un seguimento continuado das áreas tratadas.

A longo prazo, unha estratexia máis eficaz pasaría por avanzar progresivamente desde augas arriba cara augas abaixo, reducindo os focos de dispersión ao longo do río. A dimensión dunha actuación deste tipo supera o alcance inicial do proxecto, polo que O último refuxio céntrase primeiro neste enclave polo seu excepcional valor para a conservación. A experiencia obtida aquí poderá servir, ademais, para orientar futuras actuacións noutros puntos da bacía.

Segue a evolución do proxecto

Este é un proxecto a longo prazo. Iremos documentando as actuacións realizadas e a resposta do enclave para mostrar como evoluciona co paso do tempo.

Estado inicial

2026 · Punto de partida

Documentación do estado inicial do enclave antes das primeiras actuacións: vexetación, presenza de especies invasoras, estruturas tradicionais e dinámica fluvial.

Actuacións

En desenvolvemento

As primeiras actuacións centraranse no control progresivo da flora exótica invasora e na retirada selectiva de residuos.

Evolución

Seguimento continuado

Documentaremos a resposta da vexetación, os posibles rebrotes e os cambios observados no enclave ao longo do tempo.

Un proceso que acaba de comezar

O obxectivo non é transformar o enclave dunha vez, senón reducir progresivamente as presións que o afectan e acompañar a súa recuperación. O que aconteza nos próximos anos formará parte do propio proxecto.

Scroll ao inicio