Auga de Volta

Máis tempo para a auga

Nun territorio cunha rica diversidade de anfibios, onde turbeiras, regatos e lagoas temporais ofrecen diferentes lugares para a súa reprodución, a duración da auga pode marcar a diferenza. Auga de Volta recuperará unha antiga canle tradicional para conducir a auga ata unha nova lagoa de hidroperíodo prolongado, ampliando así a diversidade de hábitats acuáticos e ofrecendo novas oportunidades á fauna durante os períodos secos.

⚠ O problema

Que está a ocorrer e por que hai que actuar

As pequenas masas de auga temporais son lugares de reprodución para numerosos anfibios. Nos períodos con pouca chuvia, algunhas poden secar antes de que ovos e larvas completen o seu desenvolvemento, reducindo as oportunidades de reprodución con éxito.

⌖ O lugar

Un mosaico de ambientes húmidos

O proxecto intégrase nun territorio onde turbeiras, pequenos regatos e lagoas temporais forman un mosaico de ambientes ligados á auga. A súa diversidade crea condicións distintas para a fauna, a vexetación e os procesos ecolóxicos.

⚙ A actuación

Recuperar, conectar, crear

A intervención recuperará o percorrido dunha antiga canle para conducir a auga cara a unha pequena lagoa de hidroperíodo máis prolongado, mantendo a actuación integrada na dinámica e no mosaico de hábitats existentes.

🦋 Biodiversidade

A auga volve, e con ela a vida

Especies, hábitats e procesos ecolóxicos asociados ao proxecto. Unha porta de entrada ao coñecemento da natureza que habita este territorio.

Anfibios

Entre a terra e a auga.

Odonatos

Vida arredor da auga.

Vexetación

A estrutura da paisaxe.

Hábitats

Un mosaico de ambientes.

Aves

Presenza entre distintos ambientes.

▥ Seguimento

Observar para comprender os cambios

Documentar o estado inicial e seguir a evolución da auga, a vexetación e a fauna permitirá comparar o ecosistema ao longo do tempo e avaliar a súa resposta á intervención.

Puntos fotográficos

Antes e despois

Auga

Niveis e hidroperíodo

Fauna

Presenza e reprodución

Vexetación

Cambios na cobertura

◷ Evolución

Un proxecto vivo

A historia de Auga de Volta irá medrando co propio territorio. Aquí quedarán rexistradas as actuacións, cambios, observacións e aprendizaxes que vaian marcando a evolución do proxecto.

Agosto 2026
Estado inicial

default

Setembro 2026
Inicio da actuación

▧ Galería

Imaxes que contan historias

Un arquivo visual do territorio, das actuacións e da vida que acompaña a evolución do proxecto.

⚠ O problema

Cando a auga desaparece demasiado cedo

A contorna alberga diferentes medios acuáticos utilizados polos anfibios para reproducirse, desde turbeiras e pequenos regatos ata lagoas temporais. Esta diversidade permite que distintas especies atopen condicións adecuadas ao longo do ano, pero moitas destas pequenas masas de auga dependen directamente das precipitacións.

Durante os períodos con pouca choiva, algunhas lagoas poden secar antes de que remate o desenvolvemento das larvas. Na zona xa se observaron postas e larvas afectadas por estes episodios de desecación prematura, unha situación que tamén pode afectar outros organismos cunha fase de desenvolvemento acuática.

O ciclo de vida dos anfibios

Nunha lagoa temporal, todo sucede nun tempo limitado.

Ovos

→

Larvas

→

Metamorfose

→

Xuvenil / Adulto

Ovos

→

Larvas

→

Metamorfose incompleta

→

Ciclo interrompido

Non todas as augas teñen que durar o mesmo

As lagoas temporais forman unha parte esencial da diversidade acuática deste territorio. A súa alternancia natural entre períodos con auga e períodos secos crea condicións particulares das que dependen numerosas especies, especialmente os anfibios. Xunto coas turbeiras e os pequenos regatos, conforman un mosaico de ambientes acuáticos con características e duracións da auga diferentes.

Auga de Volta non pretende modificar esta dinámica nin facer permanentes as lagoas temporais. O que busca é engadir ao mosaico unha condición que actualmente é máis escasa: unha pequena masa de auga cun hidroperíodo máis prolongado. Así, durante os períodos secos, cando algunhas lagoas desaparezan antes de que certos organismos completen o seu desenvolvemento, poderá existir unha alternativa que conserve a auga durante máis tempo.

Lagoa temporal

Unha dinámica natural e valiosa.

Con auga

→

Sen auga

→

Con auga

→

Sen auga

🍃

Esta alternancia forma parte da biodiversidade do territorio e queremos conservala.

Nova lagoa de Auga de Volta

Unha condición adicional dentro do mosaico.

Con auga

→

Hidroperíodo máis prolongado

Non substitúe, suma. Unha oportunidade para os anfibios e para moitas outras formas de vida.

Non se trata de substituír as lagoas temporais, senón de ampliar a diversidade de condicións dispoñibles.

⌖ O lugar

Un mosaico de ambientes acuáticos

Un hábitat máis dentro do mosaico

A nova lagoa non pretende substituír ningún dos ambientes acuáticos que xa existen na contorna. As turbeiras, os pequenos regatos e as lagoas temporais seguirán mantendo as súas propias dinámicas e ofrecendo condicións diferentes para a fauna e a vexetación.

O obxectivo é sumar diversidade, non homoxeneizala. Coa incorporación dunha masa de auga de hidroperíodo máis prolongado, o territorio contará cun mosaico máis amplo de posibilidades: turbeiras, regatos, lagoas temporais e unha lagoa capaz de conservar a auga durante máis tempo. Esta diversidade de condicións pode facer o ecosistema máis resiliente fronte aos períodos secos, ofrecendo alternativas cando algunhas masas de auga desaparezan temporalmente.

Turbeiras

Ecosistemas húmidos cunha dinámica propia.

Regatos

Auga corrente e conexión entre hábitats.

Lagoas temporais

Auga estacional e ciclos naturais de inundación e seca.

Nova lagoa

Un hidroperíodo máis prolongado.

⚙ A actuación

Recuperar o camiño da auga e ampliar as súas posibilidades

01

A canle

Recuperar o camiño da auga

No lugar consérvase unha antiga canle tradicional, escavada directamente no terreo e actualmente parcialmente colmatada. Durante as épocas de maior dispoñibilidade hídrica, a auga dun pequeno regato aínda entra nela de maneira espontánea, seguindo un percorrido que o paso do tempo foi desdibuxando.

A actuación consistirá en recuperar parte do seu percorrido cunha intervención mínima, conservando, na medida do posible, a súa estrutura, a vexetación e as irregularidades existentes. O propio percorrido formará parte do hábitat: cavidades, retranqueos e zonas húmidas poderán crear pequenos microambientes ao longo da canle.

Recuperar, non reconstruír

Intervir só o necesario para que a auga volva avanzar, respectando o seu trazado e as súas características

Cavidades
Zonas húmidas
Vexetación

Microespazos que enriquecen o hábitat.

Refuxio e humidade

Mantense e intégrase

02

A lagoa

Unha pequena lagoa para alongar o tempo da auga.

A nova lagoa terá unha forma irregular, con amplas zonas someras nas marxes e unha zona de maior profundidade. O obxectivo é que unha parte da auga permaneza durante máis tempo no terreo, creando un hábitat complementario ás lagoas temporais existentes.

Non buscamos necesariamente unha lagoa permanente, senón un hidroperíodo considerablemente máis longo.

A canle recuperará o percorrido da auga e a lagoa permitirá que permaneza durante máis tempo.

03

Recuperar espazos abertos

Máis heteroxeneidade no territorio

Na zona hai sectores dominados polo fento (Pteridium aquilinum), formando masas densas e continuas.

A actuación prevé un control selectivo en pequenas superficies, creando zonas abertas e corredores, pero sen eliminar o fental, mantendo tamén vexetación densa como refuxio.

Estes espazos poden facilitar o tránsito e o pastoreo das bestas que viven en liberdade, e aumentan as posibilidades de luz e a dispoñibilidade de hábitats húmidos.

Antes

Fental denso e continuo.

Intervención selectiva

Abrir claros.

Resultado

Un territorio máis diverso.

Non eliminar, diversificar.

Crear un mosaico de ambientes que aumente a heteroxeneidade do territorio e as súas posibilidades para a fauna e a vexetación.

Biodiversidade

A vida ligada á auga

A recuperación da auga crea novas condicións para a vida. Anfibios, odonatos, vexetación, hábitats e aves serán algúns dos grupos máis ligados á evolución do proxecto.

Anfibios

Entre a terra e a auga.

Odonatos

Vida arredor da auga.

Vexetación

A estrutura dos novos hábitats.

Hábitats

Un mosaico de ambientes.

Aves

Entre a auga e a paisaxe.

▥ Seguimento

Observar a resposta do ecosistema

Aprender do que sucede despois da interveción.

A actuación é só o comezo. O seguimento permitirá observar como responde o territorio e documentar os cambios na auga, na vexetación e na fauna ao longo do tempo.

O punto de partida

Coñecer o estado inicial para poder medir os cambios.

Antes da intervención realizamos un levantamento inicial do territorio para ter unha referencia clara da situación e poder comparar a súa evolución nos próximos anos.


1,5 ha

Ámbito de seguimento

6

Puntos fotográficos fixos

4

Grupos de fauna prioritarios

46

Especies rexistradas

(inventario inicial)


Que estamos seguindo

Indicadores clave para avaliar a resposta do ecosistema.

Auga

Duración, presenza e dinámica da lámina de auga, tanto na lagoa como na canle recuperada.

COMO SE MIDE
  • Rexistro do nivel de auga
  • Fotografía fixa
  • Voos de dron
  • Observacións de campo

Vexetación

Evolución da cobertura, estrutura e composición, con especial atención ás especies de ambientes húmidos e zonas abertas.

COMO SE MIDE
  • Parcelas de seguimento
  • Fotografía fixa
  • Inventarios de especies
  • Comparativas anuais

Fauna

Presenza, uso do espazo e colonización dos ambientes, con especial atención aos grupos ligados á auga e ás zonas húmidas.

COMO SE MIDE
  • Observación directa
  • Fototrampeo
  • Rexistro de indicios
  • Inventarios específicos

Hábitats e paisaxe

Evolución do mosaico de ambientes e dos cambios na estrutura da paisaxe ao longo do tempo.

COMO SE MIDE
  • Fotografía fixa
  • Voos de dron
  • Cartografía dos hábitats
  • Comparación de cambios espaciais

Como o documentamos

Unha combinación de métodos para obter unha visión completa.

Fotografía fixa

Puntos permanentes para comparar no tempo.

Dron

Visión do conxunto e análise da paisaxe.

Observación de campo

Rexistro directo de fauna, vexetación e auga.

Rexistro

Organización de datos, mapas e resultados.


◷ Evolución

Auga de Volta irá cambiando co tempo. Neste espazo iremos documentando os principais momentos do proxecto, as actuacións realizadas e os cambios que se vaian observando no territorio.

Un proxecto vivo

AGOSTO 2026

Estado inicial

Documentamos a situación de partida antes da intervención. Estas imaxes mostran o estado da lagoa e do territorio no momento previo ao inicio dos traballos.

Previous slide
Next slide

SETEMBRO 2026

Inicio da actuación

Nesta etapa comezan os traballos de recuperación da antiga canle de auga e de creación dunha pequena charca, xunto coa retirada selectiva do fento para abrir unha zona de vexetación baixa. Unha intervención localizada e de baixo impacto, pensada para favorecer a retención de auga e aumentar a diversidade de hábitats.

Previous slide
Next slide

NOVEMBRO 2026

Primeiros cambios

Tras as primeiras intervencións, xa se observan cambios no territorio. Comeza a acumularse auga nalgunhas zonas da lagoa e rexístrase unha maior actividade de fauna.

Previous slide
Next slide

▧ Galería

Scroll ao inicio