Máis tempo para a auga
Nun territorio cunha rica diversidade de anfibios, onde turbeiras, regatos e lagoas temporais ofrecen diferentes lugares para a súa reprodución, a duración da auga pode marcar a diferenza. Auga de Volta recuperará unha antiga canle tradicional para conducir a auga ata unha nova lagoa de hidroperíodo prolongado, ampliando así a diversidade de hábitats acuáticos e ofrecendo novas oportunidades á fauna durante os períodos secos.

⚠ O problema
Que está a ocorrer e por que hai que actuar
As pequenas masas de auga temporais son lugares de reprodución para numerosos anfibios. Nos períodos con pouca chuvia, algunhas poden secar antes de que ovos e larvas completen o seu desenvolvemento, reducindo as oportunidades de reprodución con éxito.


⌖ O lugar
Un mosaico de ambientes húmidos
O proxecto intégrase nun territorio onde turbeiras, pequenos regatos e lagoas temporais forman un mosaico de ambientes ligados á auga. A súa diversidade crea condicións distintas para a fauna, a vexetación e os procesos ecolóxicos.

⚙ A actuación
Recuperar, conectar, crear
A intervención recuperará o percorrido dunha antiga canle para conducir a auga cara a unha pequena lagoa de hidroperíodo máis prolongado, mantendo a actuación integrada na dinámica e no mosaico de hábitats existentes.
🦋 Biodiversidade
A auga volve, e con ela a vida
Especies, hábitats e procesos ecolóxicos asociados ao proxecto. Unha porta de entrada ao coñecemento da natureza que habita este territorio.

Anfibios
Entre a terra e a auga.

Odonatos
Vida arredor da auga.

Vexetación
A estrutura da paisaxe.

Hábitats
Un mosaico de ambientes.

Aves
Presenza entre distintos ambientes.
▥ Seguimento
Observar para comprender os cambios
Documentar o estado inicial e seguir a evolución da auga, a vexetación e a fauna permitirá comparar o ecosistema ao longo do tempo e avaliar a súa resposta á intervención.
Puntos fotográficos
Antes e despois
Auga
Niveis e hidroperíodo
Fauna
Presenza e reprodución
Vexetación
Cambios na cobertura
◷ Evolución
Un proxecto vivo
A historia de Auga de Volta irá medrando co propio territorio. Aquí quedarán rexistradas as actuacións, cambios, observacións e aprendizaxes que vaian marcando a evolución do proxecto.
Agosto 2026
Estado inicial

Setembro 2026
Inicio da actuación
▧ Galería
Imaxes que contan historias
Un arquivo visual do territorio, das actuacións e da vida que acompaña a evolución do proxecto.



⚠ O problema
Cando a auga desaparece demasiado cedo
A contorna alberga diferentes medios acuáticos utilizados polos anfibios para reproducirse, desde turbeiras e pequenos regatos ata lagoas temporais. Esta diversidade permite que distintas especies atopen condicións adecuadas ao longo do ano, pero moitas destas pequenas masas de auga dependen directamente das precipitacións.
Durante os períodos con pouca choiva, algunhas lagoas poden secar antes de que remate o desenvolvemento das larvas. Na zona xa se observaron postas e larvas afectadas por estes episodios de desecación prematura, unha situación que tamén pode afectar outros organismos cunha fase de desenvolvemento acuática.

Lagoa temporal seca na zona de actuación
A duración da auga condiciona o tempo dispoñible para completar o desenvolvemento larvario.
O ciclo de vida dos anfibios
Nunha lagoa temporal, todo sucede nun tempo limitado.

Ovos
→

Larvas
→

Metamorfose
→

Xuvenil / Adulto
✓
Cando a auga permanece o tempo suficiente, o ciclo complétase.

Ovos
→

Larvas
→

Metamorfose incompleta
→

Ciclo interrompido
✕
Cando a auga desaparece demasiado cedo, o ciclo non se completa.
Non todas as augas teñen que durar o mesmo
As lagoas temporais forman unha parte esencial da diversidade acuática deste territorio. A súa alternancia natural entre períodos con auga e períodos secos crea condicións particulares das que dependen numerosas especies, especialmente os anfibios. Xunto coas turbeiras e os pequenos regatos, conforman un mosaico de ambientes acuáticos con características e duracións da auga diferentes.
Auga de Volta non pretende modificar esta dinámica nin facer permanentes as lagoas temporais. O que busca é engadir ao mosaico unha condición que actualmente é máis escasa: unha pequena masa de auga cun hidroperíodo máis prolongado. Así, durante os períodos secos, cando algunhas lagoas desaparezan antes de que certos organismos completen o seu desenvolvemento, poderá existir unha alternativa que conserve a auga durante máis tempo.
Lagoa temporal
Unha dinámica natural e valiosa.

Con auga
→

Sen auga
→

Con auga
→

Sen auga
🍃
Esta alternancia forma parte da biodiversidade do territorio e queremos conservala.
Nova lagoa de Auga de Volta
Unha condición adicional dentro do mosaico.

Con auga
→

Hidroperíodo máis prolongado
+
Non substitúe, suma. Unha oportunidade para os anfibios e para moitas outras formas de vida.
Non se trata de substituír as lagoas temporais, senón de ampliar a diversidade de condicións dispoñibles.

Turbeiras
Ecosistemas húmidos cunha dinámica propia.

Regatos
Auga corrente e conexión entre hábitats.

Lagoas temporais
Auga estacional e ciclos naturais de inundación e seca.

Nova lagoa
Un hidroperíodo máis prolongado.
Non eliminar, diversificar.
Crear un mosaico de ambientes que aumente a heteroxeneidade do territorio e as súas posibilidades para a fauna e a vexetación.
Biodiversidade
A vida ligada á auga
A recuperación da auga crea novas condicións para a vida. Anfibios, odonatos, vexetación, hábitats e aves serán algúns dos grupos máis ligados á evolución do proxecto.

Anfibios
Entre a terra e a auga.

Odonatos
Vida arredor da auga.

Vexetación
A estrutura dos novos hábitats.

Hábitats
Un mosaico de ambientes.

Aves
Entre a auga e a paisaxe.
▥ Seguimento
Observar a resposta do ecosistema
Aprender do que sucede despois da interveción.
A actuación é só o comezo. O seguimento permitirá observar como responde o territorio e documentar os cambios na auga, na vexetación e na fauna ao longo do tempo.
O punto de partida
Coñecer o estado inicial para poder medir os cambios.
Antes da intervención realizamos un levantamento inicial do territorio para ter unha referencia clara da situación e poder comparar a súa evolución nos próximos anos.
1,5 ha
Ámbito de seguimento
6
Puntos fotográficos fixos
4
Grupos de fauna prioritarios
46
Especies rexistradas
(inventario inicial)
Que estamos seguindo
Indicadores clave para avaliar a resposta do ecosistema.
Auga
Duración, presenza e dinámica da lámina de auga, tanto na lagoa como na canle recuperada.

COMO SE MIDE
- Rexistro do nivel de auga
- Fotografía fixa
- Voos de dron
- Observacións de campo
Vexetación
Evolución da cobertura, estrutura e composición, con especial atención ás especies de ambientes húmidos e zonas abertas.

COMO SE MIDE
- Parcelas de seguimento
- Fotografía fixa
- Inventarios de especies
- Comparativas anuais
Fauna
Presenza, uso do espazo e colonización dos ambientes, con especial atención aos grupos ligados á auga e ás zonas húmidas.

COMO SE MIDE
- Observación directa
- Fototrampeo
- Rexistro de indicios
- Inventarios específicos
Hábitats e paisaxe
Evolución do mosaico de ambientes e dos cambios na estrutura da paisaxe ao longo do tempo.

COMO SE MIDE
- Fotografía fixa
- Voos de dron
- Cartografía dos hábitats
- Comparación de cambios espaciais
Como o documentamos
Unha combinación de métodos para obter unha visión completa.
Fotografía fixa
Puntos permanentes para comparar no tempo.
Dron
Visión do conxunto e análise da paisaxe.
Observación de campo
Rexistro directo de fauna, vexetación e auga.
Rexistro
Organización de datos, mapas e resultados.
◷ Evolución
Auga de Volta irá cambiando co tempo. Neste espazo iremos documentando os principais momentos do proxecto, as actuacións realizadas e os cambios que se vaian observando no territorio.
Un proxecto vivo
SEGUIMENTO
AGOSTO 2026
Estado inicial
Documentamos a situación de partida antes da intervención. Estas imaxes mostran o estado da lagoa e do territorio no momento previo ao inicio dos traballos.


ACTUACIÓN
SETEMBRO 2026
Inicio da actuación
Nesta etapa comezan os traballos de recuperación da antiga canle de auga e de creación dunha pequena charca, xunto coa retirada selectiva do fento para abrir unha zona de vexetación baixa. Unha intervención localizada e de baixo impacto, pensada para favorecer a retención de auga e aumentar a diversidade de hábitats.
OBSERVACIÓN
NOVEMBRO 2026
Primeiros cambios
Tras as primeiras intervencións, xa se observan cambios no territorio. Comeza a acumularse auga nalgunhas zonas da lagoa e rexístrase unha maior actividade de fauna.
▧ Galería
Un arquivo visual do proxecto
Un percorrido visual por Auga de Volta. Aquí reunimos imaxes da paisaxe, da auga, da vexetación, da fauna e das intervencións realizadas no territorio.







