Do territorio á acción
Cada proxecto nace dun lugar concreto, das súas dinámicas e das especies que o habitan. Traballamos para comprender os procesos que o condicionan e desenvolver actuacións adaptadas a cada territorio.
O último refuxio
Restauración fluvial · En desenvolvemento
Conservación e mellora ecolóxica dun enclave fluvial de especial valor botánico, situado no único sistema fluvial de Galicia no que se coñece actualmente a presenza de Narcissus × ernii. O proxecto aborda de forma progresiva o control da flora exótica invasora e acompaña a recuperación da vexetación autóctona mediante un seguimento continuado.
Auga de Volta
Hábitats para anfibios · En desenvolvemento
Recuperación dunha antiga canle tradicional e creación dunha pequena lagoa de hidroperíodo prolongado para complementar as turbeiras, regatos e lagoas temporais existentes que sofren secas puntuais. Unha intervención mínima que busca ampliar as oportunidades de reprodución dos anfibios durante os períodos de seca.