O Proxecto Canle Viva é o primeiro proxecto de restauración ambiental de BERCE.
O obxectivo é recuperar unha antiga canle de regadío abandonada e transformala nunha pequena lagoa capaz de albergar fauna e flora propias destes ecosistemas.
Este non será só un resultado final. Queremos compartir todo o proceso: desde os primeiros traballos ata a evolución da biodiversidade, mostrando tanto os avances como as dificultades.
Porque restaurar a natureza tamén significa aprender, observar e mellorar paso a paso.